Acabo de rematar o libro que publicou "La voz de Galicia" con algúns dos artigos de Carlos Casares, aparecidos nese mesmo xornal. Creo que o motivo é que se cumpren dez anos do seu pasamento, sendo aínda demasiado novo.
Como dixen o comezo, acabo de rematar o libro, e invadiume un sentimento de nostalxia, daquelas mañas onde o xornal gardaba unha pequena xoia de literatura na marxe, aquel espacio co que o escritor nos agasallaba a diario. Un pequeno artigo, un pequeno conto, unha delicia coa que superabas o amargo trago da actualidade.
Xa non sucede, a maioría dos articulistas dese xornal (que é o que estou acostumado a ler) non teñen demasiada categoría. Algo similar pasa nos diarios de tirada nacional, salvo contadas excepcións, case sempre da man de escritores ou de bloggers. Por riba, dende a desaparición de "Público", deixáronme sen os que máis me gustaban (Isaac Rosa, Berto Romero ou Manolo Saco).
Quizais o que me pasa é que sei que non volverei a gozar daqueles artigos, con aquela mirada consciente, fermosa, dun escritor que tiña a facultade de saber onde ollar.
A MI MEJOR AMIGA
-
Estaré contigo hasta el final te buscaré en todas partes bajo la luz y las
sombras en los dibujos del aire Estaré contigo hasta el final te pediré de
rodil...
Hace 4 años